FAMILIAS MONOPARENTAIS

O noso PROXECTO

"Os Bolechas falan das familias" é unha actuación que se desenvolve dentro do proxecto "Facemos Corresponsabilidade 2023" no marco do Plan Corresponsables, co financiamento do Ministerio de Igualdade a través da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

Destinado aos nenos e nenas en idade escolar e ás súas familias, a iniciativa pretende reforzar o concepto de diversidade familiar a partir do enfoque nas familias monoparentais, contribuíndo a normalizar a percepción destas familias coma un modelo máis dentro dos tipos de familias que existen.

De forma lúdica e didáctica, os nenos e nenas poderán aprender sobre a aceptación e importancia da diversidade familiar, comparar as familias humanas e animais, comprender as principais ocupacións e dificultades dos nais e pais e interiorizar a necesidade de colaborar nas tarefas da casa.

A Asociación FAGAMOS (Asociación de Familias Monomarentais de Galicia) apoia estas familias dende a crenza na necesidade da colaboración, corresponsabilidade e implicación de toda sociedade na loita polo benestar das familias.